Centro fundado o 11 de xaneiro de 1992, con recoñecemento da galeguidade dende o ano 1995. Na actualidade conta con 432 socios, dos cales son galegos 415.
A asociación nace para difundir a cultura, o folclore e a lingua galega, tanto para os galegos como para os españois e simpatizantes de ámbalas dúas culturas.
O Centro conta con:
- Unha oficina móbil de turismo, a cal xa deu moi bos resultados favorecendo o turismo rural de Galicia.
- Unha biblioteca equipada con libros en galego e castelán, así como videos nos dous idiomas.
- Salón de actos no que se celebran as asambleas xerais e conferencias.
- Aulas de ensaio para os grupos do Centro.
- Discoteca para a xuventude.
- Bar-restaurante, no que pode degustarse a cociña galega.
O local está aberto ao público todos os venres pola tarde, sábados, domingos e festivos de 9 da mañá ata entrada a noite.