Centro fundado o 11 de xaneiro de 1992, con recoñecemento da galeguidade dende o ano 1995. Na actualidade conta con 432 socios, dos cales son galegos 415.

A asociación nace para difundir a cultura, o folclore e a lingua galega, tanto para os galegos como para os españois e simpatizantes de ámbalas dúas culturas.

O Centro conta con:

  • Unha oficina móbil de turismo, a cal xa deu moi bos resultados favorecendo o turismo rural de Galicia.
  • Unha biblioteca equipada con libros en galego e castelán, así como videos nos dous idiomas.
  • Salón de actos no que se celebran as asambleas xerais e conferencias.
  • Aulas de ensaio para os grupos do Centro.
  • Discoteca para a xuventude.
  • Bar-restaurante, no que pode degustarse a cociña galega.

O local está aberto ao público todos os venres pola tarde, sábados, domingos e festivos de 9 da mañá ata entrada a noite.